Quen somos

No ano 1992, creouse Alfonso Matías e Fillos S.L., con sede en Chantada, dando continuidade á actividade que se viña desenvolvendo desde os anos 40 pola familia Matías. A modernización do país e os cambios nos hábitos da poboación leváronnos a especializarnos dentro do sector, abandonando algunhas etapas da cadea para centrarnos na nova demanda do mercado, evolucionando cara á demanda de pezas concretas do despezamento e dunha maior variedade de produtos, con maior valor engadido. No ano 2010, incorporouse o almacén frigorífico para continuar coa actividade nas instalacións do Polígono de San Cibrao das Viñas en Ourense.

Actualmente centrámonos na selección dos mellores produtos posibles e dispoñibles no mercado, nacionais e internacionais, os mellores cortes, e produtos do distintas IGP do sector cárnico que solicita o cliente; en definitiva, en satisfacer a demanda do cliente. A actividade céntrase no despezamento selecto de ovino, bovino, porcino e caprino, ademais de elaborados cárnicos, en fresco e conxelado.

Alfonso Matías e Hijos S.L. conta con autorización como almacén frigorífico, establecemento conxelador e de distribución, (RGS.- ES 10.14966/OR AESAN). A nosa principal canle de comercialización é o HORECA, contamos cunha dilatada experiencia no sector enfocada a establecementos destinados principalmente á organización de eventos, congreso, colectividades...

Disfruta do sabor das carnes de Alfonso Matías e Hijos, S.L.

Almacenamento, venda e distribución por xunto de carnes

Historia

Nos anos 40, Camilo “Matías”, iniciaba en Chantada, xunto á súa familia unha nova maneira de gañarse a vida despois da guerra. Neses anos, a principal necesidade da Galicia rural de posguerra era conseguir ingresos para, principalmente, sustentar a economía familiar comercializando os poucos excedentes dos produtos procedentes do campo e dos oficios nas feiras locais. As feiras eran o centro da actividade comercial da Galicia interior rural e o supermercado das familias en días sinalados de cada mes. As grandes urbes do país necesitaba deses produtos básicos para alimentar á poboación, que por medio de persoas da contorna local adquirían e enviaban ás capitais para a súa distribución.

Os inicios de “Matías” comezaron nas feiras da comarca de Chantada, alí comprábanse os animais, trasladábanse a pé ata a estación de ferrocarril, onde se cargaban e enviaban a Madrid para a súa distribución. Pasados os anos foise facendo cun posto no mercado de abasto de Chantada desde onde se provía ao mercado local. Aos poucos fóronse incorporando ao traballo membros da familia, xa nos 50, Alfonso “Matías” incorpórase co resto da familia á actividade, atendendo o principal mercado, Madrid, durante estes anos aos poucos consolídase o negocio ata ser un referente no sector.

Cunha posición asentada na comarca, comezan as grandes obras hidráulicas e as empresas que as lideraban inician a súa andaina en Chantada, nelas traballaba un gran número de operarios aos que dar para comer nos comedores das obras, pronto pasan a estar dentro da carteira de clientes, sen esquecer o mercado da capital, Madrid. Este estilo de traballo continuou e evolucionou co ritmo do país, sempre dunha maneira solvente, próxima e persoal.

Alfonso Matías e Hijos, S.L.

Trato cercano y personalizado

Trato cercano e personalizado

Respuesta ágil ao cliente

Resposta ágil ao cliente

Gran selección de carnes

Gran selección de carnes

Ampla experiencia no sector

Ampla experiencia no sector

Realiza o teu pedido

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.